A Fundacón Barrié apoia un proxecto de promoción do galego para o Instituto Cañada Blanch de Londres

A Fundacón Barrié apoia un proxecto de promoción do galego para o Instituto Cañada Blanch de Londres

EducaBarrié, a iniciativa da Fundación Barrié para a comunidade educativa resolveu a súa 2ª convocatoria de proxectos escolares,  seleccionando catro proxectos de centros galegos e un do colexio español en Londres, que destacaron polo seu carácter innovador e/ou por abordar temáticas de interese para a comunidade educativa e para a Fundación Barrié, podendo constituírse nun referente de boas prácticas educativas.

O proxecto “Fala Londres” do Instituto Español Cañada Blanch (Londres) resultou un dos gañadores nesta convocatoria. Trátase dun proxecto de dinamización, acción e intervención educativa e cultural en galego dirixido polo profesor Xaime Varela, recoñecido en diversas ocasións polo seu traballo.

Son moitos os bolseiros da Fundación Barrié que desde 2010 teñen participado no proxecto que agora acada o apoio da Fundación Barrié. Algúns deles foron Martiño Rivas, Eva Moreda, Iván Mato, Arantza Vilas, C. Alberto Figueroa, Diego García Mejuto, Iago Muíños, Luz Paz Agras, Diego Pardo Amado, Iria Gómez-Touriño, Isaac Iglesias, Manuel López Jorge.

Juan Fernández Tajes será o próximo bolseiro Barrié en pasar polas aulas do Cañada Blanch para falar da súa experiencia investigadora no Reino Unido, o 4 de febreiro.

.$node->title.
.$node->title.

La asociación en