Becas e outras leiras…

Queridos todos,

Pois aplicándome o conto eiquí estou de novo escribindo no blog máis visitado da historia de “internete” teríamos que poñer anuncios deses do google… e sacabamos millóns.

Ben pero teño un motivo pra escribir. Ando a buscar financiación e regreso a Europa, sen moita prisa pero constante. Así que queríavos dicir que xa sairon as becas das accións Marie Curie no Séptimo Programa Marco entre outras. Penso eu que isto non me interesará só a min. Ademáis a Comisión Europea de investigación anda argallando unhas becas novas e sacou outras interesantes pra montar o teu laboratorio. Botádelle un ollo á páxina do CORDIS. Eu recoméndovos que a consultedes con frecuencia e mesmo anotádevos pra que vos manden información… Parafraseando un vello anuncio da TV “Algo se move en Europa que racha tópicos” e máis vale estar ahí. Botádelle un ollo ó Consello Europeo de Investigación (ERC) e se vos sentides con ganas tamén saiu a convocatoria de Human Frontier.
O NIH tamén ten unha beca pra tentar ó resto do mundo a vir ós EEUU, chámase International Research Fellowship Program (IRFP). Ademáis atopei unha asociación moi chusquiña, eso sí só pra mulleres, a Asociacion Americana de mulleres universitarias (AAUW) que ofrece becas pra vir os EEUU.

Ademáis por si vos pode interesar a alguén pois ahí vai os enlaces de algunhas fundacions, que xa coñeceresdes, que dan becas, a mor parte delas non aplican a min, non vou confesar porque que algo teño que gardar pra min, digo eu.

Caixa Galicia

Caja Madrid

Ramón Areces

Alfonso Martín Escudero

De tódolos xeitos atopei unha chea máis que adicadas a financiar neurociencia… Para non aburrir se a alguén lle interesa que me pergunte. ;-)

CAROL

Leave a Reply