Unha verdade inconvinte
Esto comeza a parecer un monólogo… hai alguén ahí? Supoño que ninguén leu a miña anterior anotación sobre Lawrence Lessig pois eiquí ben unha cousa parecida. Anque non sei moi ben si ten sentido publicalo… e non porque o tema non seña interesante…
Ben, estando nos EEUU tiven a ocasión de ver xa no cine a película do director Davis Guggenheim sobre a loita de Al Gore contra a crise climática “An inconvenient truth”. O asesor da ponencia de Al Gore é Lessig e nótase. Incrible!

O tema e terrible non sen razón xogan coas verbas e presentan a película como “un aviso global” contra “o quentamento global” (en inglés “A global warning” contra “the global warming”) ou como a película máis aterrorizante que podes ver “By far the most terrifying film that you would ever see”… Xa pensaba escribir sobre isto hai tempo pero é que as terroríficas novas “resentidas” de Arde Galicia co lume forestal pensei que viña moi ó pelo. Porque os incendios forestais son sen lugar a dúbida unha das principais causas do calentamento global da terra. Poderemos pechar os ollos, poderemos pensar que xa se repoboaran os montes, poderemos creer que esta xente esaxera, poderemos mercar un novo coche sen pensar no que gasta, por poder, poderemos mesmo poderemos xustificar as “guerras humanitarias polo barril de petroleo” ou simplesmente ficar pampos e pensar que non podemos fasceres nada… que todo da igual… pero o que non poderemos con ningunha destas actitudes e axudar ó noso planeta a seguir vivo. Non nos enganemos, incendiar un monte non é un crime local, é un crime contra a humanidade, contra os nosos fillos que sufrirán as nosas pechadas de ollos. Tedes que ver a película, tedes que vela e dicirlle a xente que a vexa. Merece a pena, é terrible, é triste, é unha verdade inconvinte…
Agardando que siguan a dicir cousas os rumorosos cando volte a casa despídome de min mesma e de todos vos.