Posibilidades de exercizo

Acaba de chega-la primavera ó Hemisferio Norte.

Aproxímanse as datas nas que en Galicia é posible facer un tipo de exercizo diferente ó habitual: As andainas de 50 km en 12 horas. O ano pasado organizáronse 5 (Ver web da Federación Galega de Montaña, e este ano alomenos as mesmas máis outras novas.

Son marchas nas que pode participar todo o mundo cun mínimo de forma física. Os primeiros 30 km son doados (logo quedan os outros 20km…), pero cun pouco de preparación, non debería haber problema. Ata hai xente de 60 anos que se apunta…

A primeira andaina deste ano é o 7 de maio, de Pazos de Borbén a Redondela, e organizada pola Federación Galega de Montañismo.

É unha boa disculpa para poñerse en forma…

Xabier.

One Response to “Posibilidades de exercizo”

  1. Xabier Says:

    Un update:
    6 de maio - Marcha das Greas (Pazos de Borbén - Redondela)
    13 de maio - II Andaina popular de Santiago
    20 de maio - II Camiñada de Montaña do Concello de Baltar
    3 de xuño - III Caminhada de Montalegre (Portugal)
    10 de xuño - VIII Camiño a Teixido (Ferrol - San André)
    22 de xullo - Camiñada de Montaña do Concello de Viveiro
    2 de setembro - IV Andaina popular do Concello de Ribeira.

    Todas de 50 km en 12 horas!!
    (a primeira, a de Entrimo (22 de abril), xa sucedeu!

Leave a Reply