Morreu Haro Teglén
Hoxe non sei, déronme ganas de sentirme triste respecto á morte dalguén que non coñecía. Morreu o periodista e escritor Haro Teglén. Non podo dicir que lese tódolos días a sua columna porque non o fixen, pero si que o facía con frecuencia. Sei que tiña oitenta e un anos ou algo así. Ogalla teña eu a metade da sua lucidez con sesenta… O que me magoa desta perda e que é que perdemos un home honesto e coherente nas suas ideas. A maior parte das veces eu compartía o que escribía outras veces non. Así que hoxe brindarei nun pequeno bar dun pobo pequeno dos Estados Unidos por el e polo que nos regalou nas suas verbas ceives…
Bicos mil dunha galega en El Dorado
June 3rd, 2007 at 09:12
free credit report denied credit…
abuses,machine conjuncts …