Aterrou o Discovery

Seguro que xa sabedes que aterrou o Discovery. A verdade é que eu non tiña ningunha dúbida, para algo o seu presidente os chamou e lles asegurou que a axuda estaba en camiño: aquela mesma noite ia fasceres unha pregaria por eles.
Dempois deso seguro que os nosos amigos cosmonautas ficaron tranquilos … ou se cadra … Chamaron Sergei Krikaliev a pedirlle consello!!! ;-)
Ademáis sacaron unha polaroid de España que da moito que pensar porque saimos coa cabeza pra abaixo… Menos mal que estou nos EEUU senon igual se me subía o sangue á cabeza. Non sae Galicia pero sí o Estreito e Cataluña.
Tamén descubrín gracias a estes asuntos as páxinas da NASA na que hai unhas fotos preciosas do ceu, e unha dos rusos na que saen uns trastos chulos, e con manual de instruccións…
Longa e próspera vida!

One Response to “Aterrou o Discovery”

  1. fcela Says:

    Buenisimo!

Leave a Reply