Info para navegar a vela

Como sei que hai varios compañeiros que lles gusta navegar a vela, e dado o mes no que estamos, velaí van tres links que utilizo bastante con prediccións para os ventos:
Windguru ten información de todo o mundo, especialmente de Europa, e para as rías baixas inclúe info de Vigo. Tamén ten info sobre A Coruña.

Algo parecido, Windfinder, e con info, ademáis de Vigo e Coruña, para Cabo Silleiro, Sisargas, Estaca de Bares e ehem, Sanntiago (para facer surf no Sarela, supoño). Ten bastante info estatística.

Subvencionado pola Xunta, MeteoGalicia ten info en PDF para 3 días das condicións marítimas en Vilagarcía, Vigo, Viveiro, Ferrol, Pontevedra e A Coruña.

Se coñecedes dalgunha outra, estaría ben que a puxérades.

One Response to “Info para navegar a vela”

  1. goa Says:

    informacion sobre navegación a vela en la ria de Muros Noya

Leave a Reply